Instalacións

A Casa da Mocidade é un espazo deseñado para atender ás demanda da xuventude do noso concello

O seu equipamento ten como finalidade dar resposta á demanda de servizos e actividades destinadas á poboación xuvenil

Conta con dúas aulas, unha aula de informática e un espazo multiusos.

AULA DE INFORMÁTICA: pon a disposición dos usuarios 4 ordenadores portátiles ademais de espazo e conexión para utilizar equipos propios.

AULA MULTIUSOS: espazo para conferencias, charlas cursos equipada con proxector e pantalla, equipo de son, monitor interactivo de 75″ e con capacidade para 100 asistentes